domingo, 9 de enero de 2022

REFLEXIÓN...ADORACIÓN

 Fuméame a cachola, debe ser co frío...

Jajajajaja...É o que ten non pensar de xeito habitual e deixarme a min a encomenda, vótache fume o cerebro se che deixo solo e te ves na obriga de pensar dous días seguidos.
Espertaches hoxe chistoso, merliño, hora era. Semella que che desapareceron as maniotas no cerebro e o mal sabor do carbón no peteiro. Anda e vai dar un pequeniño voo, teño cousas importantes que falar cos meus Amig@s.
Falar tí de cousas importantes, deixa que ría outro pouco, jajajajaja...
Paso dél...Mentras imaxino un fermoso Paraíso, no que a ben seguro habitan deuses de toda condición, vou deixar no aire unhas preguntas:
Pertences á raza dos que necesitan ADORACIÓN...?
Cando tes a oportunidade de votarlle a alguén unha man, falo coa idea de que teña que sentirse eternamente en débeda contigo...?
Gústache que nos teus oídos resoe per sécula eres meu anxo da garda, xamais poderei pagarche canto fas por min...?
Necesitas que che vistan con apertas o traxe do domingo, sen ti ter siquera que sácalo do roupeiro e cepillalo...?
Tumbado coa cabeza na almofada cada noite, teu ego vota as contas de cánto lle deben...?
Non sería un mellor xeito de interpretar a vida, sentirse feliz de poder estar no lado de quen pode dar e non dos que necesitan...?
Para xa, Xaquín.
Tí non ías dar un paseiño, larpeiro...?
Ía facelo, pero como dixeches que tiñas cousas importantes das que falar decidín escoitarche, e vexo que non podo deixarche solo, non me extraña que fumees, Xocas...
Quería apuntar, e non te enfades, que a libertade d@s necesitad@s xamais pode estar en venta...
Ter a sorte de estar do outro lado das nubes de tormenta, subir ao carrusel, poder ollar un fermoso amencer i escoitar a música do tiovivo sen as preocupacións dun mañá incerto, debería ser suficiente...
Pero a raza humana dos deuses, que abunda máis do que sería desexable, é proclive a ter as Almas d@s necesitad@s encerradas en oscuras gaiolas, cando unha das cualidades esencias dos verdadeiros deuses é a misericordia...
Abrir as ventás para que entre a claridade e cortar os arames da xaula para que poidan voar en total libertade, é obriga das persoas de ben.
Rematas cun trino que da que pensar, e mira que comezaches a mañá nun plan jodedor, Amigo merlo.
É o que ten ser quén de manexar varios rexistros no canto, Xaquín...
Por certo non te esquezas do traxe e a gravata, é domingo, e coido que ti non tes quén cho cepille e cho poña ao lombo.
Querid@s Amig@s, semella estar de volta o merlo retranqueiro..
A ver o que dura...!!




Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario