lunes, 4 de octubre de 2021

DETRÁS DA VENTANA

 

Detrás dos cristales

da miña ventana

van pasando os dias

van pasando os anos.

 

E ainda semella

ver herba no prado

cantigas na eira

é as vacas ó carro.

 

Detrás dos cristales

nunca pasa nada,

enchen as luas

e baixan as augas.

 

Pasa a tormenta

e amence a calma,

dende un recuncho

da nosa palabra.

 

Pasarian vinte

ou case trinta anos

e a vida segue

detrás dos cristales

   Dolores Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario