Xa non trona, pero non se nota nada...
Esperto co aturuxo do merlo, resoa no Val seu canto...
A vida non é un paseo en barco polo río, non se trata dunha viaxe organizada que por fermosa que sexa, co paso dos días sería un aburrimento, escoito un pouco sobresaltado.
É unha AVENTURA que temos que disfrutar a diario sabendo que non se repite nada, continúa co seu trino desaforado.
Se xa non trona, quén lle da corda agora...?
Pode que esté aproveitando os derradeiros raios de sol dun verán que non tivemos para recargar as pilas, mételle medo o melancólico outono que xa asoma.
Quizais teña razón no que di, e sexa ese o verdadeiro motivo polo que a vida paga tanto a pena...
Ese vernos sorprendidos pola beleza do descoñecido que asoma detrás de cada recuncho...
Esa maxia, ese misterio que fai que nosa curiosidade nunca quede saciada, que nosos instintos de ollala espida e gozar déla xamais queden satisfeitos.
Incógnitas, espérannos na volta de cada esquina...
Puntos suspensivos, na Alma...
Por élo, querid@ Amig@, a vida paga tanto a pena vivila...!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario