martes, 13 de julio de 2021

REFLEXIÓN...POESÍA

 

"No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas...", así comeza a lenda.
Aproveitar calquer día para seguir o curso do Te e chegar preto das súas fontes non ten pago...
A través da auga, da fauna e da vexetación que a rodea transmítelles súa enerxía e dalles respostas a quén queira escoitala a Natureza.
Expresalas con verbas que cheguen é outra historia...
As augas do río Te, no máxico recuncho de Pozo Bastón logo dunha fermosa camiñata, son un Paraíso agochado para Almas sibaritas...
Cura para o corpo
Lenda para o espíritu
Beleza para @s que ollan
Música para @s que escoitan
Silencio e paz para @s que senten...
Un espello no que ollar reflexado un arco da vella de soños
Un pozo de esperanza no que espirnos e bañar a Alma
Un bastón de ilusións ao que agarrarnos.
"...E alí estarán aínda, no fondo daquélas pozas", remata así a lenda.
Vas cometer o pecado de irte, querid@ AMIG@, sen antes mollar as alas cargando o cartafol dos soños nas súas cristalinas augas, mentres escoitas a música da Natureza a través dun murmurio que todo o abarca...?
É POESÍA para a Alma, canta o merlo nunha rama...!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario